SAL

A Coruña,
territorio Atlántico

A Coruña vive a gastronomía a través da súa cociña e dos seus produtos. É unha cidade que tapea, que sae a restaurantes e que participa nos eventos gastronómicos máis importantes, tanto locais como nacionais e internacionais.
Un territorio que se reivindica como destino gastronómico. Un lugar de encontro para mergullarse na cociña atlántica e na gastronomía galega.

DÉIXATE LEVAR POLOS SABORES ATLÁNTICOS

A primeira edición do Festival SAL chega do 15 ao 17 de xuño cun cartel de excepción, no que estarán representados os produtos da cociña atlántica máis recoñecidos. Trátase dunha cita única na que o público poderá descubrir o potencial da cidade herculina como punta de lanza da cociña galega contemporánea.
Showcookings, talleres, restauración, foodtrucks, ocio infantil, actuacións musicais e moitas outras actividades vestirán A Coruña durante tres días para descubrir os segredos mellor gardados da nosa gastronomía.

A GASTRONOMÍA COMO LUGAR DE ENCONTRO

Un formato actual e atractivo, sen complexos nin etiquetas, que dá cabida a tradición e modernidade, á cociña e á súa diversidade, aos mellores produtos e a públicos diversos á caza de grandes experiencias.