Alén Tarrío

Alén Tarrío

Showcookings

Establecemento

Pampín Bar

Actividade

Jam Session Atlántica I, xunto a Chechu Rey (Hijos de Rivera) e Rodrigo García (Crudo)

Produto: Navalla

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Venres 15 Xuño / 19:00 – 19:45 h

ONDE?

Escenario SAL

  

Alén Tarrío comeza na hostalería servindo mesas no Mesón Tarrío de Lavacolla, propiedade dos seus pais. Decide desenvolver o seu potencial na cociña e estuda na Escola de Hostalería Lamas de Abade (A Coruña). O compostelán gaña experiencia na Cadea Sol Meliá e chega a ser xefe de cociña de Paco Morales. Volve a Santiago, onde traballa en Casa Marcelo, abre de forma efémera o Kuntshalle e finalmente lidera os fogóns do Pazo de Altamira e O Curro da Parra. Xa en 2017, Alén Tarrío reabre un clásico do barrio de San Pedro de Santiago, Pampín Bar.

A súa é unha cociña tradicional, onde prima a calidade do produto e o sabor das comidas das nosas avoas. Fiel á tradición, rompe coa norma de que os novos cociñeiros han de apostar pola innovación e a experimentación.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha jam session atlántica xunto a Chechu Rey (Hijos de Rivera) Rodrigo García (Crudo).

00000