Carlos Villar

Carlos Villar

Showcookings

Establecemento

Abikore

Actividade

Jam Session Atlántica VI, xunto a Diego Novas (Barrabasada) e Adrián Felipez (MIGA)

Producto: Xarda

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 16:45 – 17:15

ONDE?

Escenario SAL

   

Formado en Hostalería, antes de entrar nunha cociña, o galego Carlos Villar adentrouse durante un ano na lonxa da Coruña para coñecer os segredos do peixe. Tras pasar por Espai Sucre, Santi Santamaría, Roig  Robí ou Casa Marcelo, desembarca en Santa Cruz de Tenerife, onde abre a famosa La Posada del Pez, referente da cociña atlántica e os peixes e mariscos de Galicia e Canarias. En 2017 crea Abikore, un local que mira ao mar, ese no que se inspira a súa oferta gastronómica. Conta neste proxecto co chef Tadashi Tagami, que traballou cos grandes mestres da cociña xaponesa e conseguiu unha Estrella Michelin para o restaurante Kazande de Tenerife.

Carlos Villar caracterízase pola rigorosa estacionalidade, o mercado e a frescura das materias primas, tanto de proximidade canaria como da calidade dos produtos do mar galego. Os seus pratos son pura materia prima atlántica, tradición asiática e creatividade sutil.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Adrián Felipez (MIGA) e Diego Novas (Barrabasada).

00000