Diego Novas

Diego Novas

Showcookings

Establecemento

Barrabasada

Actividade

Jam Session Atlántica IV xunto a Adrián Felipez (MIGA) e Carlos Villar (Abikore)

Produto: Xarda

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 12:00 – 12:45

ONDE?

Escenario SAL

  

Diego Novas fórmase en cociña no CIFP Manuel Antonio de Vigo. Este novo cociñeiro gaña experiencia nos fogóns de Mesón Aguia, Osushi e Maruja Limón. Coincide neste último restaurante con Marcos Blanco, co que tamén estudara. Xuntos deciden emprender en 2016 o proxecto  Barrabasada, un concepto de cociña  bastarda instalado no Urban Market de Vigo.

A súa oferta é dinámica e chea de improvisación, segundo o produto fresco que atopen ese día no Mercado do Progreso. A súa proposta baséase en tapas con ingredientes galegos de calidade pero con sabores chegados de todo o mundo, conseguindo unha cociña de fusión e innovadora.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Carlos Villar (Abikore) e Adrián Felipez (MIGA).

00000