DJ Cuco

DJ Cuco

Música

CANDO?

Venres 15 Xuño / 17:00 – 19:00

Sábado 16 Xuño / 12:00 – 19:00

Domingo 17 Xuño / 12:00 – 17:00

ONDE?

Explanada do Parrote

 

Desde o ano 2001  DJ Cuco (tamén coñecido como Mark Cook), foi marcando o seu terreo na A Coruña. Foi ese ano cando entrou en xogo na sala  Telefunken, afamado local coruñés que durante unha década deu o mellor da música de baile na cidade. Entón xurdiu o amor por sons  trip  hop,  funk,  house,  deep  house,  tech  house… Xa fora como Cuco ou como Leetronic, aquel que acudía a unha cita musical facíao baixo o paraugas de ” The Global  Man”.

Coas Global Sessions conseguiu o recoñecemento como dj na cidade da Coruña, o que derivaría na apertura do Global Club, un recuncho que marcou as diferenzas durante 3 anos na noite coruñesa. Isto sería o xerme dun espazo moito maior ao que lle chamaría  Super Club, polo que pasaron artistas como Ewan  Pearson,  Rocco, Llorca,  Pawas,  Shur-I- kan, Samuel  L  Sessions, Ben Mono &  Jori  Hulkkonen,  Claptone, Kevin  Saunderson ou  Wagon  Cookin.

Participou DJ e  VJ en eventos como o 981 Festival e ” As Terrazas  do  Move”, ademais de sumar como destinos marcados Ginebra e Nueva York, onde compartiu escenarios e cabinas con grandes artistas da electrónica e o house.

Xa na Coruña,  DJ Cuco mostra a súa versatilidade e inquietude, ademais de nos locais nocturnos e de restauración da cidade, en moitos dos eventos que nela se celebran como Boucatise ou Galería San Agustín.

00000