Espacio vino

Espazo viño

Un vestixio vivo da historia gastronómica atlántica

Venres 15 Xuño
17.00 – 23.00 horas

  • Aldea de Abaixo (D.O. Rías Baixas)
  • Nairoa (D.O. Ribeiro)
  • Quinta da Peza (D.O. Valdeorras)
  • Vinos Lara (D.O. Monterrei)
  • Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
  • Conexión Mandeo (I.G.P. Betanzos)

Sábado 16 Xuño
12.00 – 23.00 horas

  • Terra de Asorei (D.O. Rías Baixas)
  • Celme (D.O. Ribeiro)
  • A Tapada (D.O. Valdeorras)
  • Terras do Cigarrón (D.O. Monterrei)
  • Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
  • Torgo (A Cañiza)

Domingo 17 Xuño
12.00 – 18.00 horas

  • Lusco (D.O. Rías Baixas)
  • Dona Elisa (D.O. Ribeiro)
  • O Casal (D.O. Valdeorras)
  • Trasdovento (D.O. Monterrei)
  • Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
  • Panchín / Sidrón (Negueira de Muñiz)

Ás portas da Coruña, en localidades como Bergondo, Betanzos, Oza dos Ríos, Paderne ou Miño atópanse algunhas das viñas e adegas máis setentrionais da Península Ibérica.

A insolación relativamente baixa da zona, as características do chan e o  microclima do golfo ártabro dá a estes viños unha acidez característica e un carácter puramente atlántico.

Viños de pequena produción, difíciles de atopar na actualidade lonxe da súa zona de elaboración, caldos que suman ás súas características organolépticas valores históricos e culturais diferenciadores que os fan únicos.

O Festival SAL reservou un espazo dedicado ao viño no que cada día descubrir e degustar viños de gran calidade, de distintos vales e comarcas dentro das diferentes denominacións de orixe galegas.

00000