Helen Vass

Helen Vass

Showcookings

Establecemento

Dulce Helen Vass

Actividade

Showcooking xunto a Rachel McCormack

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 16:00 – 16:45

ONDE?

Escenario SAL

   

Mestra pasteleira escocesa, dirixe Dulce Helen Vass, o seu propio negocio de consultoría e pastelería. Numerosos recoñecementos avalan as súas creacións, como o premio Callebaut Patisserie Chef do Ano 2017 e a Medalla de Ouro de Postre da Scottish  Food  Awards &  Academy ese mesmo ano. Helen traballou con algúns dos mellores pasteleiros e restaurantes do mundo como Pretty  Sweet en Londres ou The Three  Chimneys na illa de Skye. Tamén pasa polas cociñas de Rosette de Glasgow, a Pastelería Escribà de Barcelona ou o Hotel  Blythswood  Square de  Glasgow. Vass transmite a súa paixón pola pastelería e é profesora na  Claire Clark Academy en Milton Keynes e a Cook School Scotland de Kilmarnock.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña realizará un showcooking conxunto coa crítica gastronómica escocesa Rachel McCormack.

00000