Henrique Sá Pessoa

Henrique Sá Pessoa

Showcookings

Establecemento

Alma *

Actividade

Showcooking

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 12:45 – 13:30

ONDE?

Escenario SAL

  

O cociñeiro portugués comeza a súa formación culinaria en Le Cordon Bleu, en Estados Unidos. Tras o seu paso por Londres e Sidney, instálase de volta en Lisboa, onde pasa polo Hotel Lapa  Palace, o restaurante Xarope en Cascais, A Vila en Estoril e o Sheraton Lisboa Hotel. Protagonista, entre outros, do programa de televisión Ingrediente Secreto, é un dos cociñeiros máis populares de Portugal. En 2013 abre o restaurante Cais da Pedra pero a súa consolidación definitiva chega en 2015 con Alma, galardoado cunha Estrella Michelín (2016).

Diferentes recoñecementos avalan a este chef, considerado un dos cociñeiros máis redondos e ambiciosos da cociña contemporánea portuguesa. En Alma serve emocións, identidade e coñecemento.

00000