Iván Domínguez

Iván Domínguez

Showcookings

Establecemento

Alborada *

Actividade

Showcooking

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 17:15 – 18:00

ONDE?

Escenario SAL

   

Iván Domínguez é o chef do restaurante Alborada, que conta desde 2011 con Estrella Michelín. A cociña deste coruñés, gran embaixador do produto atlántico, destaca pola súa sinxeleza e os produtos frescos autóctonos, sobre todo os “peixes pobres”. A súa carreira profesional e descubrimento pola cociña comeza nas Forzas Armadas, abastecendo ao Exército. Tras esta experiencia, estuda na escola de hostalería Fragas do Eume. Ao acabar, comeza a traballar en Casa Marcelo, sendo o seu xefe de cociña durante 7 anos.

Cultiva a súa inquietude polo produto máis fresco e o arraigamento á terra en O  Loxe  Mareiro de Carril (Pontevedra) e en O Retiro da Costiña de Santa Comba (A Coruña). En 2014 asume o cargo de director gastronómico do Grupo Alborada, marcando a oferta gastronómica de todos os seus restaurantes, por exemplo  Alabaster en Madrid ou Arallo Taberna na Coruña e Madrid.

00000