Jaime Uz

Jaime Uz

Showcookings

Establecemento

Arbidel *

Actividade

Showcooking

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 13:30 – 14:00

ONDE?

Escenario SAL

  

Este cociñeiro asturiano de raíces galegas ten o seu primeiro contacto cos fogóns no negocio familiar de Oviedo. Aos 19 anos matricúlase na Escola de Hostalería e nas súas primeiras andainas profesionais comparte cociña con Martín  Berasategui, Andoni Aduriz ou Luis Irizar, entre outros prestixiosos cociñeiros españois. En 2009 abre as portas de Arbidel en Ribadesella (Asturias), onde consolida un estilo persoal apegado á terra e ao produto, combinando tradición e modernidade, que lle valen o recoñecemento da Estrella Michelín en 2015.

As súas elaboracións contan sempre con produtos de tempada, fundindo mar e terra. Jaime Uz reivindica as materias primas locais de calidade e de proximidade, especialmente os peixes e mariscos do Cantábrico.

00000