Javier Freijeiro

Javier Freijeiro

Showcookings

Establecemento

Pracer

Actividade

Showcooking xunto a Moncho Bargo (Pracer)

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 20:00 – 20:30

ONDE?

Escenario SAL

Javier  Freijeiro leva máis de 15 anos dedicado á cociña. Curtiuse en restaurantes de Baleares, Valencia ou do País Vasco, formando parte do equipo do Mirador de Ulía (San Sebastián), que conta cunha Estrella Michelín. Tras esta etapa, decide volver á Coruña e enfrontarse ao reto de dirixir varias cociñas á vez e darlles un estilo común, como director gastronómico do Grupo El Huerto.

A súa filosofía é apostar polos sabores do mar de Galicia e as materias primas de proximidade adaptados á tradición coruñesa de compartir a gastronomía con amigos e gozar do ambiente.

Actualmente atópase traballando xunto a Moncho Bargo na apertura a taberna canalla ‘Pracer’, con quen tamén realizará un showcooking no Festival SAL Saborea Atlánticos A Coruña.

00000