Javier Olleros

Javier Olleros

Showcookings

Establecemento

Culler de Pau *

Actividade

Showcooking

CANDO?

Venres 15 Xuño / 18:15 – 19:00

ONDE?

Escenario SAL

   

Javier Olleros pertence a unha familia de tradición hostaleira de O Grove (Pontevedra), sendo os seus pais os propietarios do Hotel Mar Atlántico na localidade pontevedresa. Estudou cociña na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela, tras o cal traballou en Casa Solla con Pepe Solla, con Sergi Arola na Broche de Madrid, en Zallo Barri (Gernika) e aprendeu de Seiji Yamamoto en Tokio. En 2009 abre Culler de Pau en O Grove cunha decidida aposta pola cociña galega contemporánea.

A súa cociña creativa, emocional, de produtos de proximidade e de tempada, son unha fusión perfecta de sabores de horta e mar. En 2012 faise coa Estrella  Michelín.

00000