Marco Varela

Marco Varela

Showcookings

Establecemento

Sábrego

Actividade

Jam Session Atlántica II, xunto a Jorge Gago (A Maceta) e Ana Portals (Solleiros)

Produto: Xurelo

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Venres 15 Xuño / 19:45 – 20:30

ONDE?

Escenario SAL

  

O cociñeiro lalinés Marco Varela conta cunha longa traxectoria e recoñecementos. En 2011, sendo chef executivo do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober (Lugo), resultou vencedor do Campionato Galego de Cociñeiros Profesionais. Este premio permitiulle coroarse ese mesmo ano como un dos tres mellores chefs de España no Salón Gourmets de Madrid. En 2016 a adega Casal de Armán (Ribadavia) abre o restaurante Sábrego e conta con Marco Varela para liderar o proxecto.

A súa cociña de raíces sabe a produto, a mar e a horta. Nos seus pratos de autor, con presentación contemporánea, domina o sabor e, por suposto, os produtos galegos, ecolóxicos e de calidade. Ao fronte de Sábrego, o chef ofrece unha gastronomía que combina á perfección cos mellores viños da Denominación de Orixe Ribeiro.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña Marco Varela participará nunha Jam Session atlántica xunto a Ana Portals (Solleiros) e Jorge Gago (A Maceta).

00000