Concerto 1906: María Toro

María Toro

Música

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 15:00

ONDE?

Escenario SAL

  

Nueva York, Rio de Janeiro e agora Madrid son tres dos enclaves onde o talento e a inquietude musical de María Toro creceron de forma exponencial. Nacida na Coruña o ano 1979, vive sen separarse da frauta desde os 8 anos e unha vez conseguido o título Superior na súa terra natal xa ten a punto as maletas á procura de novos horizontes. Despois do seu paso pola Escola de Música Creativa de Madrid (2005) e de recibir cursos de profesores como Jorge Rossy, Michael Kanan, Peter Bernstein, Benny Goldson e Jorge Pardo, en 2011 decide instalarse unha tempada en Nueva York.

É na cidade dos rañaceos onde toma o pulso jazzístico do momento actuando en locais emblemáticos como o Blue Note, o Joe’ s Pub e o 55 Bar e compartindo escenario con músicos do calibre de Jack DeJohnette, Richard Bona ou Jean-Michel Pilc. Pouco despois entra a formar parte da prestixiosa compañía suíza Flamencos on Route e en 2013 decide instalarse en Rio de Janeiro onde acaba de gravar o seu segundo disco, Araras, froito da súa relación con grandes do jazz e da música popular brasilera como Toninho Horta, Guinga ou Hermeto Pascoal.

María Toro – Frauta
Xan Campos – Piano
Toño Miguel – Contrabaixo
Carlos López – Batería

00000