Concerto 1906: Sara Lorenzo Trio

Sara Lorenzo Trio

Música

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 14:30

ONDE?

Escenario SAL

Sara Lorenzo (voz), Rubén Deschamps (guitarra) e Íñigo Azurmendi (contrabaixo) interpretan standards de jazz e clásicos do blues e o soul. Desde o seu debut no Festival Máis que Jazz, na Coruña en xullo de 2016, consolidaron nos seus directos a súa persoal lectura de clásicos da música afroamericana.

Desde cancións de orixe incerta e que soan fai cen anos ou standards inmortalizados nas voces de Billie Holiday ou Ela Fitzgerald ata composicións da segunda metade do século XX de artistas como Nina Simone ou Ray Charles, Lorenzo, Deschamps e Azurmendi revisan en formato trío temas clave da historia da música negra.

Sara Lorenzo (voz),
Rubén Deschamps (guitarra)
Íñigo Azurmendi (contrabaixo)

00000