Taller “Galicia – El Salvador: viaxe de ida e volta”

Taller “Galicia – El Salvador: viaxe de ida e volta”

Talleres e Charlas

Con

Cafés Siboney Finca Villa Galicia

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 12:30 – 13:00

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

A filosofía de Cafés Siboney baséase no coñecemento, na paixón, no respecto ao café e aos campesiños que se esforzan en producir as mellores colleitas, e en continuar cunha forma de traballar que empezou con grande ilusión hai 50 anos.

Tras tres xeneracións, o seu obxectivo empresarial non é liderar as vendas senón intentar tostar as mellores orixes para mellorar a calidade dos cafés que se consumen en Galicia. Para poder garantir esa calidade, coñecen in situ, todos os procesos polos que pasa o café. Por iso, ao longo do ano viaxan a países cafetaleiros, visitando as fincas de produtores e as cooperativas coas que traballan, en busca de variedades interesantes e con personalidade propia.

Precisamente, Siboney levará ao público do Festival SAL a variedade Villa Galicia, un novo café de El Salvador, con aromas intensos a fresas e chocolate. En boca desenvolve un corpo moi cremoso e unha acidez afroitada redonda. Con notas doces a améndoas garrapiñadas e mel, e afroitadas a fresa, framboesa e piña madura. O post-gusto intenso con notas a chocolate negro.

00000