Taller con Galo Celta

Taller con Galo Celta

Talleres e Charlas

Con

David Sueiro

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 20:00 – 20:30

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Galo Celta

Galo Celta é o nome da explotación avícola de David Sueiro, situada en Vila de Cruces, Pontevedra. Alí cría galiñas poñedeiras -3.000 repartidas en distintas explotacións-, galiñas e galos para carne (tamén unhas 3.000 pezas sacrificadas ao ano) e embutidos como fuet, chourizo e peituga curada, ademais de preparados como hamburguesas. Todo coa garantía de ser un produto artesán, exclusivo, de luxo e respectuoso coa tradición.

Coruña Cociña

A Coruña é hoxe o lugar para asomarse á cociña galega, á súa tradición, pero tamén á vangarda sen complexos. O carácter aberto, cosmopolita e enfocado cara ao futuro do a cidade vese reflectido tamén en Coruña Cociña, un colectivo que agrupa na actualidade a 15 cociñeiras e cociñeiros coruñeses.

Coruña Cociña traballa cun enfoque transversal e colaborativo, para poñer en valor o produto galego e de proximidade, promover a cociña atlántica e potenciar A Coruña e a súa contorna como destino gastronómico. Forman parte de Coruña Cociña Adrián Felipez (Miga), Álvaro Gantes (O Lagar da Estrella), Ángeles Marzoa (Vinoteca Jaleo), Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz de Mondoi), Chisco Jiménez (Culuca Cociña-Bar), Diego Bello (Hotel Attica 21), Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide), Iria Espinosa (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada), Javier Freijeiro (Pracer), Luís Veira (Árbore da Veira), Moncho Bargo (Pracer), Pablo Gallego (Pablo Gallego), Pablo Pizarro (Bocanegra) e Tino Otero (Aula de Cocina Porto-Muiños).

00000