Taller “Panadeiros atlánticos II”

Taller “Panadeiros atlánticos II”

Talleres e Charlas

Con

Pan da Moa

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 16:15 – 16:45

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Pan da Moa trata de evocar a nostalxia, a sinceridade dos sabores, os crocantes das cortizas, os cheiros a pan ben feito e as faragullas melosas e deliciosas que deron fama mundial ao pan galego.

A marca busca a excelencia e o equilibrio das sensacións cunha filosofía na que prevalece a utilización das materias primas 100% naturais, os procesos artesanais e os enfornados como os de antes, todo cunha idea da elegancia e estilo inconfundible para cada unha dos nosos produtos.

Desde a obrigación para seguir a tradición, aquela que fai que as raíces marquen diferenza e non deixen apartarse do camiño marcado pola fama dos pans de Compostela. E é que Galicia marcou tendencia no mundo das masas brandas ou  hidratadas. Pan da  Moa conserva a tradición, as porcentaxes de auga e a calidade das fariñas, pero aplicándolle a marca de identidade que lles diferencia. Algo conseguido grazas a tempos de fermentación prolongados e a utilización de masas nai naturais, así como pola paixón e saber facer dos seus panadeiros.

00000