Taller “Sabores da Costa da Morte II: Arqueogastronomía”

Taller “Sabores da Costa da Morte II: Arqueogastronomía”

Talleres e Charlas

Con

Concello de Vimianzo (A Coruña)

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 17:30 – 18:00

ONDE?

Espazo Polivalente

Arquegastronomia é un proxecto promovido polo concello de Vimianzo (A Coruña) no que a investigación arqueolóxica ao redor da produción e elaboración de alimentos nos xacementos prehistóricos, romanos ou medievais do termo municipal serve de base para desenvolver receitas, xornadas e menús temáticos nos locais de hostalería da localidade. Un dos exemplos desta liña de traballo son as xornadas de petiscos  Irmandiños que cada mes de xullo, coincidindo coa  Festa  do Asalto  ao Castelo, levan a preto de 20 locais a ofrecer tapas baseadas no receitario, as técnicas e os produtos propios da Idade Media na zona, e que tras once edicións consolidouse como unha das citas gastronómicas de maior afluencia da provincia.

00000